PRESENZA DE SOLPOR NO WORKSHOP DE LISBOA 2019

Como cada ano, membros da Asociación Solpor marcharon a Lisboa a promocionar  a prolongación do Camiño a Fisterra-Muxia. Desta volta participaron nunha xornada de traballo con touroperadores portugueses, estiveron acompañados pola Directora Xeral de Turismo Nava Castro e o Presidente do Cluster Cesáreo Pardal.

Destacamos dende a Asociación que o mercado Portugués é un dos que máis crece en canto a visitas da Costa da Morte. Un mercado moi interesante ademais para desestacionalizar o sector, pois esta acostumado a subir as fins de semana e pontes de inverno as Rias Baixas, e pouco a pouco cómpre ilos atraendo ata a nosa comarca.

 

Más info
Data: 
08/11/2019
Concellos: 
Carnota
Santiago de Compostela
Negreira
Ames
Mazaricos
Outes
Dumbria
Cee
Corcubión
Fisterra
Muxía
Vimianzo